Home / Cultura / Narón abre o prazo para inscribirse nas escolas culturais e deportivas municipais

Narón abre o prazo para inscribirse nas escolas culturais e deportivas municipais

FERROL360 | Domingo 8 setembro 2019 | 11:33

O Padroado da Cultura de Narón abrirá este luns 9 de setembro o prazo de matrícula nas Escolas Culturais para o curso 2019-2020. As persoas interesadas en asistir poderán elixir entre oito Escolas Culturais de corte tradicional do Padroado, a Escola de Debuxo, e a de Teatro.

En canto ás Escolas tradicionais, poderase elixir entre as de: danza tradicional ou canto e pandeireta para nenos e nenas a partir de 5 anos; gaita ou percusión tradicional dende os 6 anos; acordeón e zanfona a partir de 8 anos; construción de instrumentos desde os 16 anos e O Recuncho dos Pequechos para menores de 3 e 4 anos. O prezo de calquera destas modalidades é de 63,10 euros por curso.

As modalidades ofertadas a través das Escolas Artísticas son os obradoiros de teatro, a partir de 4 anos e nas modalidades de infantil, xuvenil e adulto; a escola de debuxo, dende 6 anos, tamén cun prezo de 63,10 euros por curso.

Así mesmo, impartiranse cursos de acceso na Escola de Formación de Actores e Actrices, a partir de 16 anos, cun primeiro, segundo e terceiro curso e o Practicum. O prezo para o primeiro curso e o Practicum é de 63,10 euros por curso, se ben o segundo e terceiro custan 208 euros.

As persoas interesadas en matricularse nas Escolas Culturais do Padroado da Cultura poderán facelo entre o 9 de setembro e o 5 de outubro nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 e os sábados dende as 10.00 ata as 13.00 horas. Para recibir máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 391 144 ou escribir un correo electrónico á dirección: d.canovas@naron.es.

Actividades deportivas

En canto ás Escolas Deportivas Municipais, ubicadas no complexo polideportivo municipal da Gándara e na piscina, hai: natación, ximnasia de mantemento, ioga, pilates e musculación, así como as escolas deportivas exteriores: tenis de mesa, remo e xadrez, o prazo de inscrición tamén abrirá o luns.

Os usuarios que non teñan reserva de praza, para o que terían que estar inscritos nas actividades en xuño deste ano, teñen que tramitar as inscricións do 9 ao 30 de setembro no caso de tratarse de veciñas e veciños de Narón e posuidores do bono familiar e do 16 ao 30 de setembro no caso de veciños e veciñas doutros concellos. En ambos casos os trámites realízanse nas oficinas do complexo polideportivo da Gándara en horario de 9.00 a 13.00.

En canto ás escolas de actividades conveniadas e outras actividades de clubs como atletismo, balonmán, tiro con arco, fútbol, fútbol sala, baloncesto, piragüismo, golf, boxeo, kick boxing e patinaxe artística, as inscricións realizanse nos propios clubs, se ben se pode solicitar información ao respecto nas oficinas do complexo polideportivo municipal da Gándara.

A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a excelente acollida que ano tras ano teñen na cidade e no resto da comarca as Escolas Culturais Municipais, «donde cada ano se matriculan máis dun milleiro de persoas de diferentes idades, ao ofrecerse formación a partir de tres anos».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies