Home / Ferrol / Narón / Narón abre o prazo para participar no obradoiro «Prende no colo» para a nenos de 0 a 3 anos

Narón abre o prazo para participar no obradoiro «Prende no colo» para a nenos de 0 a 3 anos

FERROL360 | Sábado 12 setembro 2015 | 10:30

A actividade «Prende no colo», incluída na campaña de Apego do Servizo de Normalización Lingüística, é unha actividade que busca achegarlles ás familias material da tradición oral, da lingua e da música galegas para que os poidan utilizar cos seus fillos.

Este obradoiro didáctico, que terá lugar o vindeiro 25 de setembro ás 18.00 horas nas instalacións da Biblioteca Municipal do Alto, está dirixido a nais e pais con nenos de entre 0 e 3 anos. O prazo para inscribirse xa está aberto e os interesados poden anotarse gratuitamente no Servizo de Normalización Lingüística de Narón, no quinto andar da Casa do Concello.

Para obter máis información sobre esta actividade poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext.1516), ou dirixirse ao correo electrónico: a.pita@naron.es. O número de prazas está limitado a vinte nenos, cun acompañante, e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia as familias xa adheridas á campaña de Apego.

A convocatoria ten unha duración aproximada dunha hora, un tempo no que os pais e nais poderán poñer en práctica coas súas crianzas diferentes actividades, como cantos para nomear as diferentes partes do corpo, arrolos, xogos cos dedos das mans, cantigas para aloumiñar, xogos no colo e en movemento ou outros para desenvolverse cos números, letras ou cos animais, entre outras propostas.

O músico, bailador e investigador Luís Prego, fundador do grupo O Fiadeiro e membro do grupo folk Ardentía e autor dos libros Xogos bailados e Xogos musicais, será o encargado de informar aos asistentes, e estará acompañado polo tamén músico Samuel Souto.

«Trátase dunha xornada pedagóxica que combina á perfección a parte didáctica coa lúdica», sinala a concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mercedes Taibo. A edil naronesa avanzou que nos vindeiros meses se convocarán novas actividades enmarcadas na campaña Apego, «para contribuír desde o Concello de Narón á súa aposta pola socialización en galego desde a primeira infancia».

Entre estas actividades atópanse, no mes de outubro, o espectáculo musical Unha viaxe polo mundo, no que as Maimiñas animarán tanto a público infantil como ás súas familias, e obradoiros de recursos didácticos en lingua galega.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies