Home / Deportes / Narón acolle esta fin de semana a segunda fase da Copa de España de Ximnasia Estética de Grupo

Narón acolle esta fin de semana a segunda fase da Copa de España de Ximnasia Estética de Grupo

FERROL360 | Xoves 25 febreiro 2016 | 16:21

Preto de 300 ximnastas participarán esta fin de semana na segunda fase da Copa de España de Ximnasia Estética de Grupo 2015-2016, que se celebrará no polideportivo da Gándara. Un total de 34 equipos de Madrid, Aragón, Murcia, Cataluña e Galicia disputarán esta proba, organizada polas asociacións Española e Galega de Ximnasia Estética de Grupo e polo Club Acordes de Narón.

O Padroado de Deportes do Concello de Narón tamén colabora nesta competición, que arrancará este sábado coa cerimonia de apertura ás 16.45 horas e as competicións preliminares nas diferentes categorías desenvolveranse a continuación. Na xornada do domingo as competicións comezarán ás 10:00 horas e a entrega de medallas e trofeos será sobre as 13:30 horas.

As probas disputaranse nas categorías Infantil, Júnior e Sénior. «Este ano tamén van os equipos mixtos e hai máis rivalidade; en España hai tres, un de Narón, e todos asistirán a esta proba», informou a adestradora do Club Acordes Narón, Izaskun Hernáez, durante a presentación da cita.

A primeira fase da Copa desenvolveuse en Murcia a finais de 2015, a segunda é a de Narón e a terceira terá lugar previsiblemente en Valencia. Os equipos gañadores poderán participar en torneos a nivel nacional e internacional. Os catro primeiros equipos pasarán á II Fase da Copa do Mundo que se disputará en Finlandia.

As entradas para asistir a esta proba deportiva poderanse adquirir este sábado no Pavillón polideportivo da Gándara, en horario de 10:30 a 12:00 e a partir das 16:00 horas. Para a sesión do domingo, desde as 9:00 horas. O prezo é de tres euros por día ou cinco euros no caso de comprar o bono para os dous días.

O edil de Deportes, Román Romero, animou á veciñanza a acudir a esta convocatoria deportiva que, recordou, se disputou tamén na localidade no ano 2007. «Trátase dunha excelente oportunidade para ver o elevado nivel que teñen as mulleres e os homes que practican ximnasia deportiva tanto no noso concello como noutros de Galicia e de España», subliñou o edil.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies