Home / Deportes / Narón acolle esta semana os Campionatos galegos de Tenis de Mesa

Narón acolle esta semana os Campionatos galegos de Tenis de Mesa

FERROL360 | Martes 11 abril 2017 | 10:32

O Club Narón Tenis de Mesa e o Club Tenis de Mesa Cidade de Narón organizan, co Concello de Narón e a Federación Galega de Tenis de Mesa os Campionatos galegos desta modalidade deportiva.

A cita arranca este martes e desenvolverase ata o domingo 16 de abril no pavillón do colexio da Solaina. As inscricións ascenden a algo máis de 900 e o número de participantes rondará os 500, ao anotarse algúns en máis dunha proba.

No pavillón do colexio da Solaina instalaranse un total de dezaoito mesas de xogo para os participantes, procedentes maioritariamente das provincias da Coruña e Pontevedra, pero tamén de Lugo e Ourense.

O martes e o mércores disputaranse as probas correspondentes ás categorías Benxamín e Xuvenil dos campionatos Galegos de Tenis de Mesa; os días 13 e 14 as de Alevín, Sub 23 e Sénior e a fin de semana, o 15 e o 16, as de Infantil e Veteráns, sempre en horario de 9.30 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 19.30horas.

A última hora da tarde haberá, cada día, entrega de trofeos aos mellor clasificados de cada categoría. A entrada ás instalacións é de balde.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies