Home / Actualidad / Narón aproba unha moción en homenaxe ás vítimas do terrorismo no aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco

Narón aproba unha moción en homenaxe ás vítimas do terrorismo no aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco

Ferrol360 | Venres 28 xullo 2017 | 10:33

Os grupos municipais que compoñen o goberno local de Narón, TEGA, PSOE e BNG, e máis EU presentaron unha moción conxunta no pleno celebrado este xoves para homenaxear a todas as vítimas do terrorismo no aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco. O documento contou co respaldo dos edís do PP e do de ENE, polo que se aprobou por unanimidade.

O documento condena enerxicamente a violencia terrorista «veña de onde veña» e se subliña a aposta por «construír un futuro sen violencia». Ademais, ao remate da sesión se gardou un minuto de silencio en lembranza e homenaxe a todas as vítimas do terrorismo.

Nesta mesma liña, o PP presentou unha moción por vía de urxencia para solicitar unha homenaxe municipal a Miguel Ángel Blanco e ao resto de vítimas do terrorismo, que contou co respaldo do representante de ENE. O alcalde, José Manuel Blanco, incidiu en que «nos últimos vinte anos, tralo asasinato de Miguel Ángel Blanco, pasaron moitas cousas máis e nós non esquecemos ese feito, polo que a homenaxe ten que ser a todas as vítimas».

O portavoz popular, Marcos Balado, asegurou que «nos hemos sentido abochornados e indignados con que hayan votado que no a nuestra moción y con que hayan eliminado el nombre de Miguel Ángel Blanco de la que han presentado ellos. Parece que su nombre es lo único que les molestaba». Finalmente, Blanco lamentou que non saira do pleno unha declaración institucional de todos os partidos da corporación.

Na sesión plenaria tamén se aprobou un expediente de recoñecemento extraxudicial de facturas relativas a gastos realizados no ano 2016 –correspondentes ao subministro eléctrico- e non aplicados ao orzamento por importe de 117.370 euros. Asimesmo, se modificou un acordo relativo ás subvencións e entidades deportivas da cidade. Concederanse subvencións por un importe total de 34.527 euros a 18 entidades inscritas no Rexistro Municipal de Endidades Deportivas do Concello de Narón.

Mocións

No apartado de mocións, debatiuse unha presentada polo grupo municipal do PP para executar unha obra de conexión viaria entre a avenida da Solaina e a rúa O Grove (no Alto do Castiñeiro) á que se opuxeron os edís do tripartito e de ENE e na que se abstivo EU. Desde o goberno avanzaron que a proposta, inviable ao ocupar o vial unha superficie do Concello de Ferrol no PXOM de 2002, se analizará co novo PXOM.

O alcalde asegurou que «a vontade política sobre este tema demostrarase coa revisión do plan e cos novos límites, pero non vale enganar aos veciños porque ese vial desemboca nun área urbana con solo de reparto e mentres non se desenvolva pola propiedade, non se poderá facer».

Pola súa banda, Balado salientou que «nuestra moción no llevaba fecha ni plazo de ejecución, simplemente se trataba de dar los primeros pasos, empezando por el fundamental que es el de mostrar voluntad. En ese paso, el tripartito ha fallado».

Tamén ENE presentou unha moción para instar a Ferrol a mellorar os procesos de potabilización da auga, que chegou ao pleno co ditame desfavorable e que só contou co respaldo do edil de EU. Pola súa banda, EU presentou unha moción solicitando a elaboración dun plan real para dar resposta aos problemas derivados do aumento da poboación de xabaril na comarca. O documento aprobouse co respaldo de todos os grupos da corporación excepto o PP, que se abstivo.

A moción propón instar á Xunta de Galicia a elaborar unha diagnose rigorosa das poboacións de xabaril en Narón e na comarca de Ferrolterra e que elabore unha estratexia de accións para o seu control, así como habilitar unha partida económica para implementala e tamén informar aos veciños e veciñas de Narón sobre as medidas a levar a cabo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies