Home / Cultura / Narón asina convenios de colaboración con tres entidades para a realización de actividades culturais

Narón asina convenios de colaboración con tres entidades para a realización de actividades culturais

FERROL360 | Venres 9 outubro 2015 | 17:49

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou este venres tres convenios de colaboración cos representantes da Asociación Cultural Areosa, de Piñeiros, a Sociedade Cultural e Recreativa «A Pombiña», de Pedroso e a Asociación de Veciños do Couto.

A Asociación Cultural Areosa recibirá 5.000 euros para organizar a Festa do Socio, o Certame de Habaneras; Os Maios; o Festival de Panxoliñas; un Maratón de Lectura e o Día do Libro, entre outros actos.

A Asociación de Veciños do Couto percibirá a mesma cuantía, que permitirá manter o programa de visitas guiadas ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, na parroquia do Couto, entre outros eventos. E por último, a Sociedade Cultural e Recreativa «A Pombiña», de Pedroso, recibirá 5.000 euros para actividades destinar a impulsar a vida social e cultural na parroquia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies