Home / Actualidad / Narón baixará gradualmente o IBI das propiedades urbanas a partires do vindeiro ano

Narón baixará gradualmente o IBI das propiedades urbanas a partires do vindeiro ano

REBECA COLLADO | Narón | Xoves 26 febreiro 2015 | 10:21

O pleno ordinario de fin de mes do Concello de Narón debatirá este xoves o Marco Orzamentario previsto para 2016-2018. Un Marco que contempla unha baixada gradual do Imposto de Bens Inmobles, IBI, pasando do 0,7 % actual ata o 0,64 % no ano 2018, segundo avanzou o concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar.

En todo caso, esta rebaixa afectará ao IBI de naturaleza urbana, mentres que se manterán os tipos vixentes para os inmobles rústicos, 0,7 %, e especiais,1,14%. Así as cousas, Villamar indicou que «sería desexable e correcto que o Goberno Central rebaixara as valoracións catastrais», tendo en conta que os valores actuais xa non se corresponden cos establecidos.

Esta baixada do Imposto de Bens Inmobles ven motivada polo aumento que se prevee na recadación no Imposto de Actividades Económicas e nas transferencias pola Participación nos Ingresos do Estado. Un aumento estimado de 57.000 euros anuais.

Os Concellos están obrigados a aprobar un marco orzamentario que garanta unha programación económica coherente cos obxectivos de estabilidade, regra de gasto e débeda pública, segundo a Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira.

Pablo Villamar en rolda de prensa este martes (foto: R.C.)

Pablo Villamar en rolda de prensa este martes (foto: R.C.)

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Un comentario

  1. ANO ELEITORAL: Non digo máis. Pero é vergoñento que nos pretendan tomar o pelo prometendo unha rebaixa para aplicar en novembro de 2016. É unha indecencia despois do que subiu o IBI este goberno de TEGA+BNG+PsdeG+CG. Que ninguén o esqueza o 24-M!

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies