Home / Actualidad / Narón baixará o IBI, conxelará impostos e incrementará as bonificacións das taxas en 2016

Narón baixará o IBI, conxelará impostos e incrementará as bonificacións das taxas en 2016

FERROL360 | Martes 27 outubro 2015 | 17:11

O goberno de Narón rebaixará o IBI ata o coeficiente do 0,66, conxelará os impostos e incrementará as bonificacións das taxas en 2016. Así o anunciaron o alcalde da localidade, José Manuel Blanco, e o concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar.

Blanco afirmou que «por fin agora que a lei o permite, o Concello vai mellorar a proposta do Plan Económico Financieiro que incidía en que o IBI ía baixar» do 0,70 ao 0,68. Ademais, vistas as perspectivas económicas, dixo o rexedor, «baixaremos o coeficiente ao 0,66 o vindeiro ano».

O alcalde explicou que «haberá recibos que queden igual que en 2015 e noutros haberá diferencias de entre cinco e seis euros á baixa ou á alza». En todo caso, Blanco subliñou que a maioría manterá o importe deste ano porque o valor catastral sigue subindo un 10 % desde o Ministerio de Facenda.

Conxelación de impostos

Pola súa banda, Villamar incidiu en que «os tributos permanecerán conxelados por norma xeral» e subliñou a necesidade de atender a situación das familias con problemas económicos derivados da crise. Neste senso, anunciou que «imos incrementar as bonificacións para os servizos de recollida de lixo, saneamento e abastecemento».

Así, se aplicará unha bonificación do 50 %, a maiores da do 75 % que xa existía, á que poderán acollerse os veciños en función da súa situación económica, explicou o concelleiro.

Tamén haberá bonificacións para as licencias de apertura, dun 15 %, naqueles casos referentes a pequenos e medianos negocios impulsados por emprendedores. «Desde o Concello queremos favorecer a creación de empresas tanto para que se xeneren postos de traballo por conta allea como para que a veciñanza poida autoempregarse», apuntou Villamar.

Para concluír, o alcalde apuntou que «todas estas medidas constatan o feito de que a economía do Concello está nunha situación positiva, que o que diciamos no Plan Económico Financieiro non só se vai a cumprir, a pesar de que algúns aseguraban todo o contrario, senón que ademais se vai mellorar».

Críticas do PP

Mentres, o voceiro do grupo municipal do PP en Narón, Marcos López Balado, afirma que o goberno subirá a contribución coa aprobación das modificación nas ordenanzas fiscais. «A pesar de los anuncios del gobierno de Narón, el IBI continúa subiendo», asegua López Balado.

O concelleiro que di que o PP é o único partido que mantén a mesma postura e sostén que «el IBI sube, como todos los vecinos están comprobando en este preciso momento». Neste senso, o popular explica que o goberno dixo nun primeiro momento que o IBI subía «luego que no subía, luego que sí subía pero que ellos no podían hacer nada y luego que lo iban a bajar».

Desde o PP de Narón advirten que «nosotros nos oponemos a estas subidas innecesarias y por eso presentaremos enmienda a las ordenanzas. Vamos a luchar por cambiar esta inercia de subidas constantes».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies