Home / Sociedad / Tendencias / Gastronomía / Narón celebra a I Concentración de Food Trucks de Ferrolterra esta fin de semana

Narón celebra a I Concentración de Food Trucks de Ferrolterra esta fin de semana

FERROL360 | Sábado 19 decembro 2015 | 14:54

A Praza de Galicia acolle esta fin de semana a primeira edición da Concentración de Food Trucks de Ferrolterra. Esta cita reunirá a cinco restaurantes móbiles con propostas de cociña galega, fusión tex-mex, fusión asiática e repostería, este sábado e domingo, en horario de 11.00 a 23.00 horas.

Comecamiños food truck é un dos vehículos que, procedentes de Ourense, ofrecerá hamburguesas elaboradas con carne de boi galego, tenreira cachena e porco ibérico, entre outros alimentos, como arroz con leite artesán.

Outro dos restaurantes móbiles que participa nesta convocatoria é Tacos del Rey, de Asturias, con comida tex-mex condimentada con sabores fortes, saborosas e picantes salsas típicas de platos mexicanos.

A oferta complétana Arros i Tartana, de Valencia, cunha proposta de arroces e comida típicos desa Comunidade e, Catuxa, unha modalidade de fusión asiática. No apartado de postres, Madalenasdecolores, que tamén desde Asturias participará nesta concentración con cupcakes, cookies, brownies e moitos outros doces.

Xa o domingo, tamén na praza de Galicia, os nenos poderán coñecer aos Minions. Desde as 12.00 e ata as 14.00 horas, poderán sacarse fotos con estes bichiños.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies