FERROL360 | Martes 7 abril 2015 | 18:29
Ata 38 expositores participarán esta fin de semana na VI Feira da Maquinaria Agrícola, Xardinería, Horta e Árbores de Narón. Una feira adicada á agricultura, ó campo e ó seu estilo de vida. O Recinto Feiral do Trece e os seus arredores acollerán esta cita que se desenvolverá o sábado e domingo.
Esta nova edición conta con dúas novidades. Por un lado, haberá unha zona de 300 metros cadrados adicada a xoguetes agrícolas como granxas de madeira en miniatura ou tractores pequenos, nos que os nenos se poderán montar. E por outro, os pequenos da casa crearán un horto para saber de onde veñen as verduras e como se cultivan.
Esta actividade terá lugar ás 12:00 e ás 17:00 horas tanto o sábado coma o domingo. Os cativos trasplantarán brotes de pementos, leitugas e cebolas a un pequeno horto que se acondicionará con contenedores reciclados.
Para finalizar, o domingo haberá sesión vermú ás 13:00 horas na carpa-bar que se acondicionará na explanada situada fronte á nave principal. Como é habitural, na feira atoparemos maquinaria pesada, de xardín, prantas, produtos gastronómicos tradicionais, produtos ecolóxicos, vidro soprado e cestería, artesanía moderna, seguros agrícolas e vehículos todo terreno.