FERROL360 | Domingo 6 setembro 2015 | 11:56
O parque fluvial do Río Freixeiro acolle este domingo a II Festa Infantil Cidade de Narón para despedir o verán por todo o alto. O Concello naronés organiza esta cita composta por un variado programa de actividades que se desenvolverán en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.
Entre as actividades de animación destacan a Festa da Auga –será ás 18.30 horas-, a Busca do Tesouro –a partir das 12.00-, a Festa de Superheroes –ás 13.00- e a Festa da Espuma –desde as 19.00-. As Babycancións, ás que poden asistir nenos e nenas a partir dun ano, comezarán ás 16.30 horas.
No parque fluvial do Río Freixeiro estarán dispoñibles tobogáns acuáticos, unha táboa de surf mecánica, camas elásticas, karts e tamén haberá obradoiros de tatuaxes de purpurina, pintacaras e globoflexia, entre outros. Todas estas actividades son gratuítas.