FERROL360 | Venres 9 maio 2014 | 18:57
O Pazo da Cultura de Narón acollerá este sábado o tradicional Encontro de Bandas de Música, no que soarán pezas do folclore galego, pasodobres, obras clásicas e algunha banda sonora.
Na undécima edición deste evento, que organiza a Asociación Cultural Musical Sementeira, participarán as agrupacións musicais de Vilalba, Salcedo e a Xove Banda de Narón. Esta última, a anfitrioa do acto, pechará o certame co seu repertorio, dirixido baixo a batuta de Francisco San Ramón. O seu programa incluirá as obras Rosal de plata, Firestorm e a Tom Sawyer suite.
Pero antes, os músicos vilalbeses interpretarán Flores de España, The blue and the gray, Feiticeira e Corcubión.
A continuación, os de Salcedo farán soar La gracia de Dios, Francesca da Rimini, Fantasía sobre tres temas gallegos, Frank Sinatra hits medley e Arabesque.
As actuacións darán comezo ás 19:30 horas e as entradas custan 2 euros.