Home / Deportes / Narón celebrará en setembro o I Torneo Benéfico de golf a favor da loita contra o cancro

Narón celebrará en setembro o I Torneo Benéfico de golf a favor da loita contra o cancro

FERROL360 | Luns 15 agosto 2016 | 12:55

Os días 9 e 10 de setembro terá lugar no club de golf Campomar, en O Val, o I Torneo Benéfico Aberto a favor da loita contra o cancro, que organiza o Concello de Narón xunto con PoolStar Golf.

Os interesados en participar xa poden formalizar a súa inscrición no club de golf Campomar a través do teléfono 981.453.910, ou no correo electrónico: gerenciacampomar@gmail.com, ou na súa páxina web. O prezo para os socios do club é de 15 euros e de 25 para os que non o son.

Desde o Concello e a entidade animan a todos os golfistas da zona a participar nun torneo que quere contribuír co seu gran de area á loita contra o cancro. O obxectivo é superar o cento de participantes e, para acadalo, os organizadores sortearán máis de 40 regalos en estancias en hotel, material deportivo, equipamento audiovisual, caixas de viño ou cestas de produtos galegos, entre outros agasallos.

Ademais, haberá premios para os primeiros e segundos clasificados das tres categorías nas que se divide o torneo, así como para a mellor dama, o mellor junior, o mellor scratch e os mellores aproach solidarios nos foxos 7 e 10.

Os representantes de PoolStar Golf salientan a implicación de máis dunha trintena de establecementos e empresas localizadas na comarca e indican que ao remate do sorteo, que terá lugar o 10 de setembro, e como colofón ao torneo as persoas participantes poderán degustar unha paella con música ao vivo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies