Home / Sociedad / En femenino / Narón celebrará o Día Internacional das Mulleres con xornadas, obradoiros e homenaxes

Narón celebrará o Día Internacional das Mulleres con xornadas, obradoiros e homenaxes

FERROL360 | Mércores 24 febreiro 2016 | 10:08

Homenaxe á Muller do Ano, solta do goblos, cea da Muller e actividades sobre saúde en feminino, componen o programa de actos que o Concello de Narón ten organizado para celebrar o Día Internacional das Mulleres.

Así, o 8 de marzo terá lugar a tradicional homenaxe á Muller do Ano 2016, a partir das 12:00 horas no Concello. «É un acto sorpresa, no que a homenaxeada descoñece que vai obter este nomeamento. Intentamos que nesta iniciativa se vexan tamén reflectidas todas aquelas mulleres que merecerían un recoñecemento deste tipo», explicou Teresa Saibo, concelleira de Igualdade.

Ese mesmo día, ás 17.00 horas, terá lugar unha solta de globos en prol da Igualdade na Praza de Galicia. Cada globo levará unha mensaxe relativa a este tema. As asctividades retomaranse o 10 de marzo cunha homenaxe póstuma á exedil naronesa Manuela Pérez Sequeiros. A cita será no Centro Comunitario que leva o seu nome, a partir das 12:30 horas.

O día 11 celebrarase a tradicional Cea da Muller, a partir das 21:30 horas, no restaurante Casa Becerra, en San Xiao. Esta cea serve tamén para facer unha homenaxe pública á «Muller do Ano 2016». As interesadas en asistir poden inscribirse ata o día 9 de marzo no número de conta ES30-0182-4590-11-0010024250, do BBVA, ou adquirindo o ticket no restaurante.

No caso de facer o ingreso bancario, unha vez realizado o pago deberán presentarse co xustificante no primeiro andar do Concello, onde o canxearán pola entrada. O prezo da cea é de 20 euros.

As actividades continuarán o 18 de marzo cun obradoiro de saúde sobre o virus do papiloma humano, a partir das 18:00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, e o día 29 desenvolverase ese mesmo obradoiro no IES As Telleiras, a partir das 16:30 horas.

A última das citas programadas polo Concello con motivo do 8 de marzo é unha charla sobre saúde cardiovascular feminina, o 1 de abril. A cita desenvolverase no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, ás 18:30 horas.

A edil de Igualdade animou á veciñanza a participar nestes actos co fin de contribuír «á reivindicación da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies