Home / Cultura / Narón conecta esta fin de semana co seu pasado castrexo na celebración do ‘Oenach Atlántico’

Narón conecta esta fin de semana co seu pasado castrexo na celebración do ‘Oenach Atlántico’

FERROL360 | Venres 26 xullo 2019 | 8:58

A parroquia de Sedes, en Narón, será desde este venres unha auténtica festa para celebrar unha nova edición, a vixésimo primeira, do Oenach Atlántico. Durante toda a fin de semana a campa do Trece acollerán unha amplia programación na que no faltarán os obradoiros e recreacións de oficios tradicionais, mercado de artesanía, gastronomía e música.

O Padroado da Cultura e a AVV Rosa dos Ventos organizan un ano máis esta convocatoria, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014, a través da que se recrean as raíces da cultura celto galaica e os modos de vida no rural.

A cita inaugurarase este venres ás 22.30 horas co tradicional acendido de lumes que levan a cabo os veciños e veciñas de Sedes nuns recipientes de ferro. A continuación, sobre as 22.45 horas, iniciarase o concerto do grupo de música tradicional galega Leilía.

Tanto o sábado como o domingo, entre as 11.00 e as 14.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas estará aberto un mercadiño de artesanía, no que se porán á venda diferentes produtos e tamén haberá xogos e obradoiros de perforación de pezas de cerámica e madeira, petroglifos, técnicas para o acendido do lume, entre outros.

Asimesmo, haberá recreacións de oficios tradicionais de tecidos, olería, talla de madeira, canteiría e cestería. Una actividade coa que se busca recuperar e poñer en valor o traballo que realizaban homes e mulleres na época da cultura celto galaica.

O sábado haberá tamén espectáculos para os nenos e nenas co Cuarteto Rinchón, que actuará ás 11.30, ás 16.00 e ás 18.00 horas e tamén Rilo&Penadique ás 12.00. A sesión vermú correrá a cargo do grupo folk Tiruleque, a partir das 13.30 e Mamá Cabra ofrecerá un concerto infantil ás 17.00 horas.

A tradicional Noite no Castro será ás 22.30 e a Grande Compañía de Teatro Comunitario de Sedes protagonizará esta xornada coa representación da obra Buscando a Fara escrita por Juan Padín e Pepablo Patinho. Ás 00.00 horas terá lugar unha mexilloada e unha repichoca popular na propia campa.

Programación do domingo

O último día do Oenach Atlántico, o domingo 28, o Cuarteto Rinchón volverá a animar ao público ás 11.30 e ás 16.30 horas e, tamén pola mañá, haberá unha exhibición de cans de palleiro e unha recreación teatral na campa a cargo do Grupo de Teatro Comunitario de Sedes, que nesta ocasión representará a peza A conquista de Gallaecia, sobre a reconquista por parte dos romanos de Gallaecia.

Pola tarde haberá sesión de xogos con Xogos Paporrubio ás 16.30 horas, unha actuación da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón media hora máis tarde, outra do grupo de danza tradicional Alxibeira, do Padrodao da da Cultura de Narón ás 18.00 horas e pecharán o programa o espectáculo infantil A danza da choiva, de Elefante Elegante, e a actuación de Pelepau ás 19.00 horas.

Nas inmediacións da campa do Trece haberá tamén durante toda a fin de semana un espazo gastronómico, no que se poderán mercar diferentes menús a base de porco celta. As mulleres e os homes de Sedes cociñarán na campa as bolas de sartén, que se poderán degustar de balde.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies