Home / Ferrol / Narón / Narón conta cun novo parque infantil ubicado na rúa Italia, no barrio do Alto

Narón conta cun novo parque infantil ubicado na rúa Italia, no barrio do Alto

FERROL360 | Sábado | 31 maio 2014 | 12:46

Os pequenos de Narón teñen un novo espazo onde xogar e divertise. Trátase dun parque infantil ubicado na rúa Italia, no barrio do Alto. Unha instalación conta con diferentes elementos de xogo infantil, que cumpre a normativa europea sobre seguridade infantil e na que o Concello investiu un total de 25.000 euros no seu acondicionamento.

Nos vindeiros dous meses levaranse a cabo traballos adicionais neste lugar, para acondicionar unha parcela anexa ó parque, cun orzamento de 33.000 euros adicionais, co fin de seguir abrindo novas zonas verdes no municipio.

Este parque é o número 63 do municipio de Narón, o que supón unha media aproximada dun parque por cada 500 habitantes. Ademais, é o segundo que o Concello abre nun mes, xa que o pasado 9 de maio inaugurouse no barrio de A Gándara o parque da Rúa Virxe de Covadonga.

Neste caso, os encargados de inaugurar o parque foron o concelleiro de Servizos de Narón, Pablo Mauriz, e o presidente da AVV de O Alto, Paulino García.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies