Home / Cultura / Narón convídanos a participar na elaboración dun mosaico dos maios

Narón convídanos a participar na elaboración dun mosaico dos maios

FERROL360 | Luns 30 abril 2018 | 18:06

O Padroado da Cultura de Narón e a Sociedade Cultural Areosa de Piñeiros organizan unha nova edición de Os Maios con múltiples actividades como a elaboración dun mosaico, exposición dos maios nos que traballadores as entidades veciñais e os centros educativos do municipio e obradoiros.

A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, explicou que o evento terá lugar o sábado e a elaboración do mosaico estará aberta á participación de todas as persoas interesadas. Entre as 11.00 e as 14.00 horas o artista naronés Leandro Lamas realizará un debuxo na Praza de Galicia, de 10×10 metros, que se decorará con flores, aberto á participación da cidadanía en xeral.

A representante de Areosa, Maribel Mouriz, indicou que tamén en horario de mañá, a partir das 10.00 horas, no centro cívico de Piñeiros, se rematará a decoración dun dos Maios que se poderán ver na Praza de Galicia, no que tamén poderán traballar todas as persoas que o desexen.

Pola tarde, a partir das 16.30 horas poderanse ver no citado centro cívico de Piñeiros os Maios elaborados para esta festividade, que sairán en comitiva ás 17.00 horas pola estrada de Castela cara á Praza de Galicia, donde terá lugar a tradicional recepción ás 18.00 horas.

A concelleira de Cultura avanzou que este ano se poderán ver os Maios realizados polas asociacións veciñais do Couto, San Xiao, O Val, Piñeiros, Virxe de Fátima e tamén da Asociación Sociocultural ASCM, de Semente de Trasancos e de dous colectivos do Padroado da Cultura de Narón: O Recuncho dos Pequechos e o Obradoiro de Construción de Instrumentos.

A maiores, indicou Espada, «tamén estarán representados os centros escolares de Narón, donde uns 1.500 alumnos e alumnas de educación Infantil e Primaria se implicaron na actividade elaborando os seus propios Maios nas aulas, axudados por monitores do Padroado, e tamén a ANPA do colexio de Piñeiros».

As Escolas do Padroado da Cultura amenizarán a convocatoria con música tradicional, para que todas as persoas que se acheguen á Praza de Galicia poidan desfrutar un ano máis desta celebración.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies