Home / Cultura / Narón convoca o IX Concurso de Fotografía Cidade de Narón

Narón convoca o IX Concurso de Fotografía Cidade de Narón

FERROL360 | Sábado 7 xullo 2018 | 13:25

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou a aprobación das bases da novena edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. O prazo para poder presentar imaxes a este certame abrirase o vindeiro mes de setembro.

A convocatoria está aberta a persoas maiores de idade e pretende que as imaxes reflexen a xustiza da beleza de Narón e a súa contorna. As fotografías poden ser sacadas en espazos naturais de interese, de lecer, cultura, tecnoloxía ou festas populares, a única condición é que Narón sexa protagonista e recoñecible nas mesmas.

Este ano a organización repartirá un total de 1.200 euros en premios, dos cales o primeiro está composto de 750 euros, o segundo de 300 e o terceiro de 150 euros.

Un xurado especializado será o encargado de xulgar o gañador concedendo un máximo de 30 puntos a cada unha das fotos valorando a calidade técnico-artística, a orixinalidade e o grao de representatividade de Narón (con ata 10 puntos en cada un destes criterios).

As fotografías, que deberán presentarse con pseudónimo, deberán entregarse no Rexistro do Concello sito na Praza de Galicia entre as 8:30 horas do 17 de setembro e as 13.00 horas do 28 de setembro.

As imaxes con maior puntuación ilustrarán o calendario de sobremesa que o Concello editará para o ano 2019. As persoas interesadas en participar neste concurso poden consultar as bases no seguinte enderezo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies