Home / Actualidad / Narón desmárcase do convenio dos interceptores de O Cadaval-Neda

Narón desmárcase do convenio dos interceptores de O Cadaval-Neda

REBECA COLLADO | Narón | Venres 24 outubro 2014 | 15:00

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, anunciou que o Concello non asinará o convenio dos interceptores de O Cadaval-Neda porque as condicións de financiamento da obra son abusivas e inasumibles. Así, Blanco explicou que Acuaes pretende que o Concello desenvolse 1,4 millóns de euros e que ademais asuma os recargos dos posibles retrasos que se podan producir.

O rexedor reuniuse o pasado mércores con responsables de Acuaes e da Xunta para falar sobre esta actuación e a proposta de financiamento da mesma. Unha proposta que contempla unha aportación por parte do Concello de 693.000 euros no ano 2016 e 733.300 euros correspondentes á cantidade anticipada por Acuaes, a pagar durante os vindeiros 45 anos imputándose ós recibos dos naroneses.

Ademais, se prevé que Narón sufrague o resto da inversión no caso de que a actuación non remate o 31 de decembro de 2015, prazo previsto pola Unión Europea, xa que é unha obra cofinanciada polos Fondos Feder. «Se por calquera razón as obras se retrasan o Concello non ten a seguridade de canto vai pagar», apuntou o alcalde que indicou que poden ser «100.000 euros ou un millón».

Ante esta situación, Blanco afirmou que «nin de broma» o Concello e os veciños van asumir esta actuación, xa que suporía «hipotecar o futuro» do municipio. Asimesmo, o alcalde destacou que «nin contratamos, nin diriximos a obra», pero «si somos responsables dos restrasos» e engadiu que «non imos consentir que por erros, ou neglixencias doutras administracións, vaian asumir os veciños» este costes.

Blanco explicou que esta actuación ten un orzamento total de 7,3 millóns de euros, dos cales os fondos FEDER sufragan 5 millóns, Acuaes con fondos propios 733.000 euros, Augas de Galicia 840.000 e o restante o Concello. Deste xeito, o rexedor asegurou que comprométese a aportar un 10% do total da obra, pero non a asumir os recargos por non ter concluída a obra a tempo.

Neste senso, criticou o importante retraso na tramitación e contratación das obras e lembra que foi no ano 2012 cando se asinou o protocolo de colaboración co fin de estipular o desenvolvemento da mesma. Ante esta situación, Narón estudiará os trámites xurídicos a seguir para desvincularse do Convenio suscrito con ACUAES, Augas de Galicia e o Concello de Ferrol,

Por último, Blanco advirte que non realizar esta obra suporá que preto de 18.000 veciños de Narón proseguerán vertindo sen depurar á ría, o que sería obxecto de denuncia formal ante a Comisión Europea, ó non rematar o saneamento integral da ría.

O alcalde estivo acompañado na rolda de prensa polos voceiros de TEGA e Converxencia Galega (foto: R.C.)

O alcalde estivo acompañado na rolda de prensa polos voceiros de TEGA e Converxencia Galega (foto: R.C.)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies