Home / Eume / As Pontes / Narón e As Pontes quentan motores para a celebración do Día Internacional da Muller

Narón e As Pontes quentan motores para a celebración do Día Internacional da Muller

FERROL360 | Mércores 5 marzo 2014 | 17:42

Teatro, charlas, ceas, exposicións, documentais e actividades nas escolas son algunhas das actividades que os Concellos de Narón e As Pontes teñen programadas para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Este xoves, Narón celebrará o nomeamento institucional da Muller do ano 2014, ás 12:30 horas no Concello. O nome da muller elexida é un misterio e darase a coñecer nese momento, para manter a sorpresa da protagonista.

Este venres, As Pontes desenvolverá unha nova edición do programa radiofónico Voces pola Igualdade, que se poderá escoitar na emisora local Radio Eume. Ademais, na biblioteca Enrique Rivera Rouco inaugúrase unha mostra literaria adicada ás mulleres, que levará por título As Nais nos Libros, mostra que poderemos desfrutar ata o 24 de marzo.

O venres tamén terán lugar unhas xornadas con diferentes charlas protagonizadas por mulleres de As Pontes, moitas delas emprendedoras. O auditorio municipal Alovi acollerá esta cita que se desenvolverá entre as 11:00 e as 12:30 e que irá dirixida a alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º Secundaria.

O sábado 8 de marzo, en Narón porase en escea o espectáculo teatral El(l)as confidencial, ás 20:00 horas no Pazo da Cultura. Pódense reservar as entradas para o espectáculo chamando ó teléfono do Concello 981 33 77 00 (extensións 1108 ou 1113). Prezo: 6,65 € (subvencionado polo Concello). En taquilla venderanse ó prezo normal.

Do día 10 ao 17 de marzo, en As Pontes desenvolverase o programa A muller nas Escolas, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria de todos os centros educativos. Atalaia Social levará a súa particular visión da sociedade dunha nena chamada Alba e a súa avoa Maruxa.

O luns 10 de marzo, abrirase no Mercado Vello de As Pontes unha mostra fotográfica, titulada De muller a muller, realizada polo colectivo fotográfico Reollo e que plasma diferentes xeracións de mulleres de varias familias pontesas. Precisamente esta mostra fotográfica deu lugar tamén a un documental que será presentado o vindeiro día 19 ás 19:30 horas, tamén no Mercado Vello.

O mércores 12 de marzo, terá lugar unha mesa redonda que leva por título Educando en Igualdade, ás 18:00 horas no Local Social Municipal de O Alto, en Narón.

O xoves 13 de marzo, en As Pontes, porase en marcha un curso de preparación ao parto na auga e que desenvolverase nas dependencias da piscina municipal, ás 19:00 horas e que se prolongará ata finais do mes de maio.

O venres 14 de marzo, Narón celebrará a Cea da Muller. As entradas teñen un prezo de 15 € e poden reservarse chamando ó Concello (981 33 77 00- extensións 1108 ou 1113) ou ven no Restaurante A Trasanquesa (Sedes) ata o día 10 de marzo. A cea será neste establecemento hosteleiro a partires das 22:00 horas.

O sábado 15 de maio, en Narón, levarase a cabo a confección dun mural conmemorativo entre todas as mulleres asistentes, na Praza de Galicia ás 18:00 horas.

A programación de As Pontes pecharase o 24 de marzo cun video fórum aberto a todo o público e no que será protagonista o filme Madres&hijas de Rodrigo García, que se proxectará ás 19:30 horas na Casa Dopeso.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies