Home / Actualidad / Narón e Cerdido determinan as obras a acometer con cargo ao POS+ 2017

Narón e Cerdido determinan as obras a acometer con cargo ao POS+ 2017

FERROL360 | Domingo 19 febreiro 2017 | 13:01

Os Concellos de Narón e Cerdido planean as obras que acometerán nos seus respectivos municipios con cargo al Plan Único da Deputación Provinicial, o POS+ 2017. Narón recibirá deste programa 1,8 millóns de euros, que destinará a realizar actuacións na zona urbana e rural e tamén a gasto corrente. Cerdido recibirá 210.000 euros para gasto corrente e arranxos.

En Narón levarán a cabo melloras no parque infantil de Freixeiro, nos parques caninos en Freixeiro e na Solaina e a construción dunha caseta de aseos no parque de Freixeiro. Tamén se dotará de rego en zonas verdes do paseo de Xuvia e instalarase un parque infantil xunto ao río Inxerto e elementos biosaudables.

Tamén con cargo ao programa se construirá un anexo para almacén no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz e se procederá a asfaltar e aglomerar varios viais da zona rural, concretamente dos Camiños da Verruga, a Lebre e outros de Doso, San Xiao, O Feal, Viñas, Igrexa e outros en Castro e San Mateo.

Haberá melloras en vías públicas como os camiños de Martiño, Portela e outros en Pedroso e Sedes. Tamén se pavimentarán camiños en Pedreira, Picota e outros no Val e no Couto. A través do POS+ se adquirirán novas aplicación informáticas e se renovará o material no Centro Municipal de Formación.

Así mesmo, se construirá un novo parque en Piñeiros e se realizarán melloras nos locais Sociais de San Mateo, Doso e unha senda en Pedroso. No apartado de amortización de débeda con entidades financieiras, resérvase unha partida de 101.426 euros.

A maiores desta partida, o Concello solicitou unha serie de obras a enmarcar no Plan Complementario, valoradas en total en 469.299 euros. Refírense a melloras de eficiencia enerxética, á construción dunha cancha multideporte en Xuvia e á primeira fase das beirarrúas proxectadas nas Vivendas da Mariña e ás proxectadas na avenida Conde de Fenosa.

POS+ 2017 Cerdido

O Pleno de Cerdido aprobou as obras que se van acometer con cargo a este plan e que sairon adiante grazas aos votos favorables do grupo de goberno -PSdG-PSOE- e a abstención do PP. Así. o goberno municipal destinará 85.000 euros para arranxos en varias pistas.

Son as de Camiño de A Barqueira a Barbas, Camiño Felgosas-Casaldaia, Camiño na Barqueira Vella, Camiño de Pontellas ao límite con Cedeira e un camiño interior en Felgosas ata AC-862, que na actualidade está moi deteriorado e dera servizo a varias vivendas.

O Concello de Cerdido tamén recibirá da Deputación 125.010 euros que se destinarán a gasto corrente e tamén investirá 76.872 euros, con cargo ao Plan complementario, no Saneamento a Fercoi e a instalación dunha fosa séptica en Abruñeiros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies