Home / Ferrol / Narón / Narón e o CTG desenvolverán unha campaña de doazón de sangue a vindeira semana

Narón e o CTG desenvolverán unha campaña de doazón de sangue a vindeira semana

FERROL360 | Martes 28 xuño 2016 | 18:46

Os días 4, 5 e 6 de xullo desenvolverase en Narón unha campaña de doazón de sangue, organizada pola Concellería de Sanidade do municipio e o Centro de Transfusión de Galicia -CTG-. O edil de Sanidade, Octavio Dopico, e a portavoz do CTG, Ángeles Pazos, presentaron este martes a nova campaña, que buca incrementar o número de doazóns na época do verán.

Dopico salientou a colaboración do Concello co CTG para poñer en marcha a iniciativa e animou aos veciños a participar nesta convocatoria na que o goberno local colabora co reparto de 11.000 dípticos informativos.

Pola súa banda, Pazos avanzou que o vindeiro luns haberá unha unidade móbil do CTG na Solaina -na Praza da Constitución-, en horario de 15.30 a 21.00 horas e os días 5 e 6 de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas diante do centro de saúde de Narón.

Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos incrementar as doazóns de sangue en Narón «nestas datas de verán, tremendamente complicadas para nós», afirmou a portavoz do CTG. Pazos explicoi que en verán «soe ascender o número de doazóns polas vacacións pero tamén se incrementan as urxencias derivadas de accidentes de tráfico, que requiren máis sangue».

No ano 2015 os naroneses realizaron un total de 803 doazóns de sangue, o que supón unha media de 20 por cada 1.000 habitantes e ano. A taxa sitúase xusto na metade do que recomenda a Organización Mundial da Saúde para cubrir as necesidades de compoñentes sanguíneos que precisan os hospitais, que se sitúan entre 40 e 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano.

«Precisaríamos duplicar o número de doazóns do ano pasado, superar as 1.600», apuntou Pazos, que explicou que «moita xente de Narón doa noutras localidades, polo que iso non significa que sexa menos solidario un veciño de Narón que doutros concellos, porque as posibilidades de doazón son diferentes en cada municipio en función dos puntos nos que se poida atender aos doantes».

Desde o CTG insistiron na necesidade de doar todos os tipos de sangue, pero especialmente dos grupos A+ e B+, cuxos niveis de reserva están na actualidade máis baixos que no resto dos grupos, indicaron.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies