Home / Sociedad / Educación / Narón e Tráfico reúnense cos centros educativos para seguir impartindo a asignatura de Mobilidade sostible e segura

Narón e Tráfico reúnense cos centros educativos para seguir impartindo a asignatura de Mobilidade sostible e segura

FERROL360 | Sábado 8 xuño 2019 | 18:18

Victoria Dobarro, a xefa provincial de Tráfico de A Coruña reuniuse co Concello de Narón, así como con directores e profesorado de centros educativos da cidade para analizar as necesidades da asignatura de Mobilidade sostible e segura.

Os representantes dos colexios da cidade consultaron con Tráfico as súas dúbidas xa que teñen limitacións a hora de impartir esta asiganatura a alumnado de Secundaria e Bacharelato.

Os centros escolares interesados en ofrecer esta materia son os seguintes: o instituto das Telleiras, os colexios Ayala, Santiago Apóstol, Jorge Juan e O Feal que acudiron a reunión, a que tamén asistiron axentes da Policía Local.

Os representantes escolares confirmaron a súa dispoñibilidade de ofrecer esta asignatura sempre e cando se estude a posibilidade de ampliar o número de titulacións que actualmente se requiren para impartila ou habilitar a docentes con outras titulacións.

Tráfico comprometeuse a analizar as cuestións plantexadas nunha xuntanza que terá lugar este mes, co fin de avanzar e tratar de que esta asignatura se poida impartir naqueles centros que así o consideren.

Pola súa banda, o Concello de Narón ofreceu total colaboración para contribuír na formación do alumnado nesta materia.

«Ao longo do ano levamos a cabo numerosas actividades e programas cos escolares da cidade nos centros educativos e continuaremos apoiando dende o Concello calquera iniciativa impulsada nesa mesma liña», confirmou Guillermo Sánchez Fojo, edil de Seguridade Cidadá e Transporte Público.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies