Home / Sociedad / Educación / Narón estrea o novo pavillón polideportivo de A Solaina

Narón estrea o novo pavillón polideportivo de A Solaina

FERROL360 | Xoves 17 outubro 2013 | 19:10

Os veciños e veciñas de Santa Icía poderán empregar dende hoxe as instalacións deportivas ubicadas na parcela do CEIP de A Solaina.

O pavillón, inaugurado esta mañá polo alcalde de Narón, dará servizo principalmente ao colexio de Infantil e Primaria. Conta con case 2.000 metros cadrados de superficie, ten un aforo de 755 na pista polideportiva e dispón dun total de 280 localidades.

A inversión nesta infraestrutura acadou os 903.734 euros, dos cales 569.903 euros chegan dos Fondos Feder e a cantidade restante é asumida polo Concello de Narón.

O rexedor, José Manuel Blanco, indicou que pese ao traballo que custou poñelo en marcha «é unha instalación digna, e o importante é que sexa de proveito para os usuarios».

O director do CEIP de A Solaina, Antón López, tamén tivo unhas palabras de agradecemento no acto de inauguración. «A Manuela Pérez Sequeiros, exconcelleira de Educación de Narón, que xa non está connosco pero que axudou moito nesta reivindicación; a un ex delegado de Educación da Xunta de Galicia, e ó actual alcalde, José Manuel Blanco, a quen lle vin un grande interese por sacar adiante este proxecto», declarou López.

O Pavillón Polideportivo de A Solaina foi inaugurado esta mañá. (Foto: Concello de Narón)

O pavillón polideportivo de A Solaina foi inaugurado esta mañá (foto: Concello de Narón)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies