Home / Cultura / Narón inaugurará este sábado a nova sección infantil e bebeteca da Biblioteca municipal

Narón inaugurará este sábado a nova sección infantil e bebeteca da Biblioteca municipal

FERROL360 | Venres 3 marzo 2017 | 18:28

A sección infantil e a bebeteca da Biblioteca municipal de Narón contarán a partir deste sábado cun espazo máis amplo. Trala inauguración, que terá lugar este sábado ás 12.00 horas, haberá unha xornada de portas abertas para coñecer a nova sala e na que se poderá escoitar a música dos integrantes da Agrupación Cultural Musical Sementeira, de Narón.

A sección infantil comezará a prestar servizo o vindeiro luns en horario de de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 horas e os sábados desde as 10.00 ata as 13.00 horas. Os usuarios más pequenos contarán a partir de agora cun espazo propio «onde poder gozar con todos os materiais cos que conta a Biblioteca adaptados ás súas idades», indicou a edila de Bibliotecas, Mercedes Taibo.

Nos últimos días estase procedendo á instalación do mobiliario e ao traslado do material, os libros e audiovisual. Taibo valorou a materialización desta proposta «sobre a que levamos un tempo traballando e da que finalmente veremos os seus froitos en cuestión de días, confiando en que o resultado sexa do agrado das familias e tamén dos menores que habitualmente veñen á Biblioteca».

O acceso á nova sala é independente, pola parte traseira do edificio e está separada arquitectonicamente do resto, co que a atención aos nenos e nenas será máis acorde coas súas idades e, ao tempo, non interferirá no correcto desenvolvemento dos servizos prestados desde a Biblioteca ao público adulto, indicaron desde a área.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies