Home / Actualidad / Narón, modelo do Portal de Transparencia

Narón, modelo do Portal de Transparencia

FERROL360 | Mércores 30 marzo 2016 | 13:05

A Federación Española de Municipios e Provincias -FEMP- felicitou ao Concello de Narón polo «fantástico traballo» realizado co Portal de Transparencia do Concello de Narón e solicita ao alcalde autorización para poder empregar o modelo naronés noutras entidades locais que están desenvolvendo os seus portais.

Nunha carta dirixida ao rexedor, o Secretario xeral da FEMP asegura que a labor realizada en Narón «merece ser recoñecida, difundida e reaproveitada por outros municipios que puideran demandala». Así, desde o organismo realizarán unha adaptación deste portal trasladándollo ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas «para a súa incorporación nos manuais de uso».

Salientan desde a FEMP a «extraordinaria labor pedagóxica» desta ferramenta, valorando así o traballo realizado polo Secretario municipal, Alfonso de Prado Fernández-Canteli e o equipo informático do Concello.

A páxina estrutúrase atendendo ao modelo fixado polo Estado, en tres categorías: Institucional, Normativa e Económica. A través das mesmas pódese acceder a outras como: Funcións; Normativa de aplicación; Estrutura organizativa; Organigrama actualizado; Plans e programas; Normas destacadas, Normas municipais en vigor e en tramitación e Contratos.

Tamén inclúe: Convenios subscritos; Encomendas de xestión; Subvencións públicas concedidas; Orzamentos; Contas anuais; Retribucións percibidas; Relación de Postos de Traballo (RPT); Oferta de emprego; Bens inmobles e Vehículos.

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, agradeceu as felicitacións remitidas desde a FEMP e incidiu novamente, como xa fixera no momento da presentación do Portal de Transparencia, no «exemplar traballo e a dedicación» de todas cantas persoas participaron na realización deste Portal, entre elas o Secretario xeral do Concello e o equipo informático.

Un comentario

  1. Narón, modelo de como echar 37 años en el poder y pasar a tener un patrimonio de más de 400000 euros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies