Home / Cultura / Narón nomeará fillo adoptivo ao escultor luso Manuel Patinha

Narón nomeará fillo adoptivo ao escultor luso Manuel Patinha

FERROL360 | Mércores 27 abril 2016 | 16:07

O artista Manuel da Silva Marqués de Patinha será nomeado este xoves, en sesión plenaria, fillo adoptivo de Narón, tras a aprobación unánime da corporación municipal.

O alcalde, José Manuel Blanco, destacou que Patinha será «a primeira persoa tra-la Democracia en recibir esta distinción no Concello», en cuxas instalacións, así como noutras dependencias municipais e espazos públicos, se poden ver varias obras escultóricas, pictóricas e gravados do artista.

Nacido en Póvoa de Santa Iria (Portugal) en 1949, Manuel Patinha reside en Narón desde hai varios anos. En 2011 cedeu ao municipio a escultura Avelinda, realizada en aceiro inoxidable e con case cinco metros de altura, que está colocada na praza de Fernando Yáñez.

Noutros espazos públicos do municipio están tamén as obras Anduriña -praza da Gándara, Evolución -casa consistorial- ou A persistencia -auditorio municipal-.

A súa formación autodidacta fíxoo merecedor de importantes premios ao longo da súa traxectoria profesional e a súa obra é recoñecida a nivel internacional.

 

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies