Home / Ferrol / Narón / Narón oferta obradoiros extraescolares de inglés, de reforzo educativo e de programación e robótica

Narón oferta obradoiros extraescolares de inglés, de reforzo educativo e de programación e robótica

FERROL360 | Xoves 29 setembro 2016 | 9:10

A Concellería de Ensino de Narón mantén aberto o prazo de matrícula nas actividades enmarcadas no Programa Municipal de Educación Extraescolar 2016-2017 -Promedex-. Os obradoiros programados para educación Infantil e Primaria son de iniciación á lingua inglesa, reforzo educativo a través do emprego das novas tecnoloxías da comunicación,e de programación e robótica.

A edil responsable da área, Mercedes Taibo, explicou que se reserva aos escolares de ESO outro obradoiro de programación e robótica educativo e para adultos as Escolas de Familia, nas que os asistentes aboradarán temas como a disciplina positiva, a resolución de conflitos, o bulling e acoso escolar e o control do estrés, entre outros.

«A través deste tipo de programas tanto o alumnado dos centros educativos públicos de Narón como as súas familias poden participar, a prezos moi reducidos, dunha serie de actividades que se imparten en horario extraescolar e nas que abordarán a formación dun xeito máis lúdico, á vez que educativo», subliñou Taibo.

A matrícula destas actividades permanecerá aberta ata que se completen as prazas ofertadas en cada actividade, debendo formalizarse no Rexistro municipal. O prezo das actividades é de 8,15 euros ao mes por usuario, excepto nas modalidades de reforzo educativo, que é de balde, e nas Escolas de Familia, nas que só paga un integrante da mesma.

As sesións impártense nos propios centros educativos públicos da localidade.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies