Home / Sociedad / Empleo / Narón oferta seis cursos formativos para desempregados

Narón oferta seis cursos formativos para desempregados

FERROL360 | Sábado 24 setembro 2016 | 12:41

Atención ao público e habelencias comunicativas, prevención de riscos laborais con prevención de riscos e medio ambiente naval, medio ambiente naval e prevención de riscos naval, hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos, primeiros auxilios, operador carretilleiro e de plataforma elevadora con certificación UNE, son os cursos para desempregados que oferta Narón.

A Concellería de Formación abrirá este luns o prazo de inscrición nestas seis accións formativas, que se desenvolverán antes de que remate o ano. Os cursos, que terán lugar no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, están dirixidos a desempregados da localidade maiores de 18 anos.

Os interesados en participar nestas acción formativas deben anotarse no Rexistro municipal, en horario de 8:30 a 13:00 horas, cumplimentando as instancias que poden solicitar no propio Rexistro ou descargar da páxina web municipal. www.naron.es. O prazo finalizará o venres 30 de setembro. En total hai 139 prazas para o conxunto das modalidades e cubriranse por orde de inscrición.

Cursos

Atención ao público e habelencias comunicativas: 150 horas e 15 prazas; Prevención de riscos laborais con Prevención de Riscos (P.R.) e Medio Ambiente (M.A.) Naval: 76 horas e 20 prazas; Medio Ambiente Naval e Prevención de Riscos Naval: 16 horas e 40 prazas -20 en cada unha das dúas edicións-; Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos: 5 horas e 20 prazas.

Primeiros auxilios: 20 prazas e cinco horas, e, por último, Operador carretilleiro e Operador de plataforma elevadora con certificación UNE: 35 horas e 24 prazas -tamén con dúas edicións de doce alumnos ou alumnas cada unha-.

Os participantes na acción formativa de atención ao público abordarán temas como os procesos de venda, a venda online, atención ao público e técnicas de autocontrol. No que respecta aos de prevención, trátase de áreas máis específicas para o citado sector, apostando por unha formación demandada polas empresas de cara ao posible incremento do seu plantel, axustando en certo modo os contidos ao perfil que demandan as compañías, tal e como explicou a edil de Formación.

Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos dividirase en formación común e específica para os distintos sectores -alimentación, industria, hostalería-. Así mesmo, o de rimeiros auxilios dará a coñecer sa técnicas básicas sobre a materia.

A acción formativa de operador carretilleiro e de plataforma elevadora ensinará ao alumnado a manexar carretillas de manutención Tipo I e II según a normativa UNE 58451 e o de plataformas elevadoras de tixeira e de brazo articulado coa UNE 58923.

A concelleira de Formación, Natalia Hermida, subliñou que «máis dun centenar de veciños e veciñas de Narón desempregados terán unha nova oportunidade con estas accións formativas». As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981.337.700 -extensións: 2602; 1120;1107 e 1123-.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies