Home / Cultura / Narón pecha este domingo o programa «Verde que te quero verde» con Paco Nogueiras e Fred Martins

Narón pecha este domingo o programa «Verde que te quero verde» con Paco Nogueiras e Fred Martins

FERROL360 | Sábado 20 xullo 2019 | 13:21

O programa municipal Verde que te quero verde remata este domingo día 21 coas actuacións de Paco Nogueiras e Fred Martins. A iniciativa impulsada a través do Padroado da Cultura de Narón ten como obxectivo descentralizar a programación do Padroado, levándoa ás prazas e parques do Concello para desfrute do público.

Así, a xornada deste domingo pecha a súa terceira edición coas últimas actuacións deste ano no parque da rúa Mariña Española, en Santa Icía, a partir das 12:30 horas.

Os encargados de poñer o broche final a Verde que te quero verde son os artistas Paco Nogueiras e Fred Martins.

O primeiro en comezar será Paco Nogueiras co novo e divertido espectáculo, Radio Bulebule, baseado nun libro-CD-DVD co mesmo nome e no que se combinan cancións e interpretacións con divertidos rexistros nunha radio itinerante, a emisora que máis lle gusta ao público, na que todo o universo é música.

A actividade de Paco Nogeuiras rematará sobre ás 13:00 horas e continuará co cantante e compositor Fred Martins, que ofrecerá un repertorio moi vencellado á tradición musical de Brasil na que combinará temas propios de nova composición con cancións de recoñecidos artistas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies