FERROL360 | Xoves 25 setembro 2014 | 17:30
Os grandes chefs serán na súa maioría homes, pero nas nosas casas as que cociñan día a día son as mulleres, non si? Pois os homes tamén deben poñerse mans á obra e coller a tixola polo mango. E agora teñen unha estupenda oportunidade porque o Concello de Narón pon en marcha un obradoiro de cociña saudable para eles.
A Concellería de Promoción Social abre este xoves o prazo de inscrición para este obradoiro dirixido a homes a partir de 18 anos de idade. As solicitudes deberán presentarse no Servizo Sociocomunitario Municipal, situado na 1ª pranta do Concello, e existen 24 prazas disponibles. O obradoiro ten carácter gratuito.
Os participantes aprenderán a elaborar receitas saudables e sinxelas, a manipular alimentos e útiles de cociña, a realizar a limpeza doméstica e a organizar a compra, así como técnicas e preparación de alimentos.
Os obradoiros realizaranse nos centros comunitarios de Casas da Mariña en Santa Icía e Manuela Pérez Sequeiros, O Alto, e terán unha duración de 25 horas divididas en seis xornadas. Serán os venres e sábados de 16:30 a 20:30 horas.