Home / Actualidad / Narón pon en marcha o portal de Transparencia do Concello

Narón pon en marcha o portal de Transparencia do Concello

FERROL360 | Domingo 13 marzo 2016 | 12:30

O portal de Transparencia do Concello de Narón estará operativo a partir deste luns. Momento no que os voceiros coñecerán a ferramenta e asistirán á posta en marcha da nova páxina web municipal de transparencia, á que xa poden acceder todos os administrados.

Coa apertura do novo portal, calquera usuario poderá acceder cun clic á práctica totalidade das actuacións administrativas. Así, a web estrutúrase en tres categorías: Institucional, Normativa e Económica nas que se inclúen: Contratos; Convenios subscritos; Encomendas de xestión; Subvencións públicas concedidas; Retribucións percibidas; Oferta de emprego, entre outras.

O alcalde, José Manuel Blanco, agradeceu o «exemplar traballo» e a «dedicación» de todo o persoal do Concello, que nas últimas semanas se adicou a subir todos e cada un dos datos que se poderán consultar no portal de Transparencia.

Datos que se irán actualizando «co fin de ofrecer á cidadanía un servizo a través do que poder consultar a través da rede unha gran variedade de asuntos relacionados co Concello».

Este portal permite dar pleno cumprimento ás obrigas de transparencia, acceso á información e bo goberno da Lei 19/2013. Cabe lembrar que a Xunta de Goberno de Narón acordou a adhesión do Concello ao acordo marco de colaboración entre a Secretaría de Estado de Administración Pública e a Federación Española de Municipios e Provincias.

Unha adhesión que busca promover e facilitar o desenvolvemento daquela normativa nas entidades locais, asumindo expresamente a creación do portal que hoxe xa se atopa operativo.

Así mesmo, dende o goberno local comunícase que trala exposición pública da Ordenanza de transparencia, acceso á información pública, reutilización de datos e bo goberno do Concello de Narón, sen que se teñan presentadas alegacións ningunhas, procederase á inmediata publicación desa norma no Boletín Oficial da Provincia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies