Home / Sociedad / Educación / Narón quere colaborar coas autoescolas do municipio para impartir sesións sobre Seguridade Vial

Narón quere colaborar coas autoescolas do municipio para impartir sesións sobre Seguridade Vial

FERROL360 | Mércores 20 xaneiro 2016 | 17:00

O Concello analiza a viabilidade de colaborar coas autoescolas do municipio para impartir sesións teóricas e prácticas sobre Seguridade Vial dirixidas a diferentes colectivos. O obxectivo é concienciar á poboación en xeral e, aos escolares e condutores noveis en particular, sobre esta temática.

O equipo de Seguridade Vial do Concello de Narón desenvolve desde hai anos un programa sobre este ámbito nos centros escolares e hai uns días se levou a cabo na autoescola Ruta 24-Cofepa.

«Cando só un pouco máis é perigoso» é o título desta actividade que consiste en «impartir unha charla aos alumnos dos centros e, neste caso, das autoescolas, sobre os perigos do consumo de drogas e alcol e os seus efectos na condución», segundo explicou o concelleiro de Seguridade Guillermo Sánchez Fojo.

Esta actividade permite incrementar a percepción do risco dos participantes utilizando unhas lentes que alteran a visión ao simular diferentes equivalencias de niveis de alcol en sangue. A intención do Concello é realizar esta formación co alumnado das autoescolas, así que xa se iniciaron conversas cos cinco centros ubicados na localidade.

Con esas gafas, que alteran a visión ao simular diferentes equivalencias de niveis de alcol en sangue, os alumnos de Ruta 24-Cofepa realizaron diferentes manobras e sortearon obstáculos, unha tarefa que se complicou para eles a medida que se incrementaba a graduación.

«Sabemos que a concienciación é un dos pilares fundamentais para que neste caso os condutores noveis coñezan o perigo que supón o feito de poñerse ao volante baixo os efectos do consumo de alcol ou de drogas», apuntou Sánchez Fojo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies