Home / Actualidad / Narón realizará unha modificación de crédito de 3,6 millóns de euros para actuacións en saneamento, rúas e inmobles

Narón realizará unha modificación de crédito de 3,6 millóns de euros para actuacións en saneamento, rúas e inmobles

FERROL360 | Mércores 29 xullo 2015 | 19:40

O goberno local de Narón levará ao pleno ordinario de fin de mes deste xoves a aprobación dunha modificación crédito por un importe de 3,6 millóns de euros para realizar obras relacionadas co saneamento, instalacións municipais e intervencións en rúas e camiños.

Para o saneamento da zona rural destinarase unha partida de 600.000 euros, que permitirá executar os traballos correspondentes á prolongación da rede de alcantarillado nos Vicás (San Xiao); a construción de dous colectores nas marxes da estrada AC-116 no Val e a execución da rede de colectores secundarios que dará servizo ás vivendas situadas na estrada DP-5404, en Sedes.

A partida para obras en instalacións municipais ascende a 717.322 euros e con cargo á mesma executaranse os traballos de construción de vestiarios no Pavillón da Mocidade; a dotación de servizos e remate da calzada na rúa Vaqueira en Piñeiros, e as obras para a recollida e encauzamento de augas pluviais nos camiños de Pradedo, Outeiro, Chao de Doso e Parque do Couto.

En canto ás instervencións en rúas e camiños, levarase a cabo a reparación de pavimentos e reforzo do firme en 21 rúas da área que comprende A Gándara, Santa Icía e o Alto do Castiñeiro; en diversas rúas das parroquias do Val, Xuvia, Piñeiros, Freixeiro e A Gándara e a reforma do vial central da urbanización do Couto.

Actuacións en instalacións municipais

Tamén procederase á construción dun almacén no local social do Val e á instalación de alumeado no lugar da Fontela, en San Mateo. Así como á adquisición de mobiliario e equipamento para o Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural Aldea Nova, en Sedes.

Por último, no pavillón de Piñeiros procederase a colocar un novo pavimento; instalarase un pavimento antideslizante na piscina da Gándara e efectuarase a reposición dos canalóns neste último recinto deportivo.

O concelleiro de Xestión Orzamentaria de Narón, Pablo Villamar, recordou que a partida máis importante desta modificación de crédito, un total de 920.444 euros, destinarase á amortización de débeda bancaria, se ben tamén se reservaron asignacións para un Plan de Mellora de servizos e pavimentos de rúas -900.000 euros- e outro de Mellora de Camiños Rurais -300.000 euros-.

A gasto corrente destinaranse 226.825 euros do total desta modificación, realizada con cargo a remanentes do exercicio de 2014. «Todos estes investimentos realizaranse con cargo a fondos propios do Concello grazas á xestión realizada nos últimos anos, que permitiu manter unhas contas sostibles e pechar o exercicio de 2014 con 3,6 millóns de euros de remanentes», destacou Villamar.

Estas actuacións deben estar rematadas antes de finais do ano 2016.

Un comentario

  1. A buenas horas… será porque no está Narón abandonado por todos los lados. Y van a ejecutar obras en pabellones y piscina en plena temporada de otoño-invierno, o sea, que tendrán que cerrar las instalaciones, en vez de haberlo hecho en verano.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies