Home / Sociedad / Entidades sociales / Narón recadará fondos para Médicos sin Fronteras cun festival solidario

Narón recadará fondos para Médicos sin Fronteras cun festival solidario

ARY LÓPEZ | Xoves 13 marzo 2014 | 12:37

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado un festival solidario a beneficio da ONG Médicos sin Fronteras (MSF).

A iniciativa solidaria Narón sen fronteiras ten como obxectivo recadar fondos para que este colectivo continúe facendo accións a prol dos países máis castigados do noso planeta. Acoden aos lugares que sofren situacións de emerxencia por mor das guerras, os desastres naturais… e precisan dunha asistencia constante. Médicos sin Fronteras traballa para paliar a desnutrición infantil e loita contra as distintas enfermidades que causan mortes en países subdesenvolvidos.

O promotor desta cita solidaria e colaborador da entidade dende hai anos é Javier Mardaras. El explica que o «92 % dos recursos económicos que recibe MSF son doazóns particulares e tan só o 8 % proveñen das administracións». Nos últimos anos, estas axudas véñense recortando de maneira importante e, por este motivo, xorden actos benéficos coma o que o sábado terá lugar no pazo naronés.

Para Mardaras, é a segunda xornada solidaria que organiza na nosa comarca, xa que con anterioridade desenvolveu outra no concello de Neda. Destaca e agradece a «importante organización» das administracións locais, do Padroado da Cultura de Narón e tamén das asociacións veciñais do municipio.

De maneira totalmente altruísta participarán no festival a Banda Infantil Sementeira de Narón, a Escola de Bailes de Salón Tedaga e a Coral Amistade de O Couto.

O prezo das entradas para asistir ao acto, que dará comezo ás 18:00 horas, é de 5 euros, aínda que os menores de seis anos entrarán gratis. Poden adquirirse nas billeteiras do Pazo da Cultura, en horario de mañá e de tarde.

Exposición fotográfica

O auditorio municipal naronés tamén expón durante esta semana unha mostra fotográfica de Médicos sin Fronteras. Unhas corenta imaxes reflicten principalmente historias da África Subsahariana e as dificultades da súa poboación para acceder á medicina. Poderá visitarse en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Un festival solidario a beneficio da ONG Médicos sen Fronteiras terá lugar este sábado no Pazo da Cultura de Narón

Un festival solidario a beneficio da ONG Médicos sen Fronteiras terá lugar este sábado dende as 18:00 horas no Pazo da Cultura de Narón

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies