Home / Sociedad / En femenino / Narón recibe á Caravana Feminista da Marcha Mundial das Mulleres este martes

Narón recibe á Caravana Feminista da Marcha Mundial das Mulleres este martes

FERROL360 | sábado 3 octubre 2015 | 18:45

Este martes, ás 19:30 horas, o Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá unha Palestra sobre «Ecofeminismo e a realidade medioambiental da comarca» trala recepción á Caravana Feminista da Marcha Mundial das Mulleres.

Nesta Palestra intervirán a activista e ecofeminista Begoña de Bernardo Miño; a integrante do Comité Cidadá de Emerxencia, Luz Marina Torrente; e Margarida Prieto, activista do Sindicato Labrego Galego na loita contra a mineiría.

O martes tamén estarán nos concellos de San Sadurniño e Narón, onde continuarán desenvolvendo o programa previsto

O día antes chegarán o polígono industrial de Río do Pozo ás 18.30 horas, dende onde partirán cara a Ferrol para desenvolver na cidade naval os actos previstos a partir das 19.00 horas no Cantón de Molíns, onde se sucederán varias actuacións musicais.

A convocatoria enmárcase na IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, baixo o lema “Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres!”, e que reúne a un colectivo que partiu o pasado 8 de marzo do Kurdistán (Turquía), coincidindo coa celebración do Día Internacional das Mulleres e percorre diferentes países ata rematar a traxectoria prevista o vindeiro 17 de outubro en Lisboa (Portugal), para conmemorar o Día Internacional pola eliminación da pobreza.

A administración local naronesa puxo a disposición das mulleres participantes corenta prazas de aloxamento no albergue de Aldea Nova, en Sedes, onde se lles dará a cea e o almorzo e ás que tamén se lles porá a disposición un servizo de autobús para levalas desde o Pazo da Cultura o día 6 pola noite e regresar a buscalas a Aldea Nova o mércores para que continúen a súa ruta cara a Betanzos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*