Home / Cultura / Narón recibe a Roi Casal este sábado co especátulo ‘Son galego, Son cubano’ en homenaxe a Neira Vilas

Narón recibe a Roi Casal este sábado co especátulo ‘Son galego, Son cubano’ en homenaxe a Neira Vilas

Casal durante o espectáculo (foto: páxina de Facebook Son galego, son cubano)
Casal durante o espectáculo (foto: páxina de Facebook Son galego, son cubano)

FERROL360 | Martes 21 maio 2019 | 00:00

O cantante Roi Casal trae a Narón o seu espectáculo «Son galego, Son cubano», nun claro homenaxe ao escritor Neira Vilas. A actuación do antigo integrante de Milladoiro terá lugar este sábado no Pazo da Cultura de Narón a partir das 20:00 horas.

O espectáculo de Casal ten letras do xornalista e poeta nun traballo conxunto ata o falecemento de Neira Vilas en novembro de 2015. A obra foi vista en directo por máis de 100.000 espectadores dende a seu estrea en Cuba no ano 2016.

Un show inesquecible que púxose en escena por primeira vez no Gran Teatro de La Habana que foi antigo Palacio do Centro Galego con dous memorables concertos fai tres anos.

A xira de Roi Casal está considerada un fermoso tributo ao escritor do libro máis editado da historia da literatura galega, Memorias dun neno labrego. Os temas que toca o cantante na súa obra son á emigración galega en Cuba, un lugar onde Neira Vilas residiu 31 anos e que tivo gran influenza na sua obra.

O prezo para ver «Son galego, Son cubano» é de 9 euros para o público en xeral e de 6,65 euros para abonados, desempregados ou usuarios de carné de estudante.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*