Home / Actualidad / Narón remata os traballos da reparación do muíño de Pedroso

Narón remata os traballos da reparación do muíño de Pedroso

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro e Ibán Santalla, concelleiro de Servizos comproban os traballos do muíño de Pedroso (foto: Concello de Narón)
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro e Ibán Santalla, concelleiro de Servizos comproban os traballos do muíño de Pedroso (foto: Concello de Narón)

FERROL360 | Sábado 7 setembro 2019 | 19:12

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse a área recreativa da parroquia de Pedroso con motivo do remate dos traballos de reposición dunha parte da cuberta do muíño de Pedroso.

Ferreiro valorou o resultado final da intervención acometida no edificio e recordou que supuxo un investimento ás arcas locais que rondou os 35.000 euros. «Saneamos a estructura do tellado, que presentaba algúns problemas de conservación pero que con cargo a este investimento quedou totalmente renovada», explicou o concelleiro.

A intervención implicou a demolición da cuberta anterior, retirando as tellas, placas de fibrocemento, pontóns e cerchas para proceder á construción dunha nova na zona na que se atopa o propio muíño.

Os traballos tamén incluíron a reparación dos aleros da construción e a colocación dunha nova estrutura de madeira laminada de abeto con novos pontóns e a impermeabilización do tellado. A estructura do tellado presentaba algúns problemas de conservación e de humidade motivo polo que se fixo esta acometida.

Entorno de lecer

«Anteriormente detectáronse problemas de humidade que danaron esta zona da cuberta, polo que unha parte da actuación levada a cabo no muíño centrouse na impermeabilización», recalcou a alcaldesa, que explicou que a zona reparada alberga a maquinaria propia das labores de moenda que se levan a cabo na construción en determinadas ocasións.

«A conservación e posta en valor do patrimonio da cidade é unha das áreas nas que se traballa dende o goberno local ano tras ano», asegurou Ferreiro, incidindo en que no caso concreto de Pedroso «o muíño atópase nun área recreativa» que está «en plena natureza, á beira do río Xuvia, e con camping, estacionamento para autocaravanas, parque infantil, mesas e zona de barbacoas, o que convirte ao conxunto nunha zona ideal para o tempo de lecer das veciñas e veciños de Narón pero tamén para xente que se achegue dende outros concellos».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies