Home / Deportes / Atletismo / Narón retoma o Campionato provincial de Campo a través este domingo no polígono de Río do Pozo

Narón retoma o Campionato provincial de Campo a través este domingo no polígono de Río do Pozo

FERROL360 | Xoves 3 marzo 2016 | 19:40

O Campionato provincial de Campo a través, adiado a pasada semana polas malas condicións meteorolóxicas, terá lugar este domingo nun circuíto habilitado no polígono de Río do Pozo, en Narón.

Nesta proba participarán unhas 500 persoas, que percorrerán tramos de entre 700 e 4.000 metros, en función das distintas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete. As competicións comezarán a disputarse ás 16:30 horas e está previsto o seu remate ás 19:00 horas.

Un dos obxectivos deste campionato é fomentar a práctica deportiva entre os rapaces e rapazas que participan, así como impulsar hábitos de vida saudables entre o colectivo.

Colaboran nesta convocatoria, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, a Federación Galega de Atletismo, o Club de Atletismo Narón e o Concello de Narón, a través da área de Deportes que preside o edil Román Romero.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies