Home / Ferrol / Narón / Narón ule a camelia

Narón ule a camelia

FERROL360 | Venres 21 marzo 2014 | 16:46

Narón convértese no centro mundial das camelias durante este venres e sábado coa celebración da X Mostra da Camelia Cidade de Narón e o VI Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón. No día de hoxe, os membros do Internacional Camellia Congress visitaron a Mostra e espérase a visita dun centenar de congresistas vidos de Australia, China, Xapón, Portugal e Italia.

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, fixo entrega de senllas figuras conmemorativas á presidenta da International Camellia Society, Patricia Short, e á presidenta da Sociedade Española da Camelia, Carmen Salinero.

Este venres, ás 17:30 horas, entréganse os premios do VI Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón no centro comercial e de ocio Dolce Vita Odeón.

Os amantes das camelias teñen unha cita en Narón esta fin de semana (foto: Concello de Narón)

Os amantes das camelias teñen unha cita en Narón esta fin de semana (foto: Concello de Narón)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies