Home / Ferrol / Narón / Narón xa celebra unha nova edición do seu Impact Weekend

Narón xa celebra unha nova edición do seu Impact Weekend

FERROL360 | Sábado 28 xullo 2018 | 11:27

O Concello de Narón e a Asociación Cultural Impact organizan unha nova edición do Impact Weekend Narón, que se desenvolverá esta fin de semana no pavillón Campo da Serra, en Santa Icía. Unha proposta de ocio alternativo con diferentes actividades para toda a familia, con sorpresas para as nenas e nenos e na que colaboran tamén diferentes asocacións da comarca.

Este sábado a programación comezou ás 9.30 horas co Torneo Legacy Impact Returns e Magic the Gatering, para continuar cunha exposición de consolas e xogos Retro que se poderán probar, a cargo da Asociación RetroGalaicos, a partir das 12.00 horas. Xa pola tarde haberá torneos Magic the Gatering, Legacy e Modern e Trials Modern.

A partir das 16.30 terá lugar un torneo de Tetris, con Retro Galaicos. Durante a tarde do sábado haberá tamén un espazo para personalización de chapas, coa Asociación Gaikai, entre as 16.30 e as 21.00 horas e durante todo o día, tanto o sábado como o domingo, obradoiros de Hama Beads e de iniciación a Magic the Gatering.

O último día, o domingo, abrirá a xornada ás 9.30 horas co Torneo Modern Impact Returns, Magic the Gatering e continuará cunha exposición Retro ás 12.00; torneos Magic the Gatering, Legacy e Modern ou doutros formatos a partir das 16.30; e, a través da Asociación Gaikai, tres bingos Xincana a partir das 17.00 horas.

A maiores tamén se desprazarán ao pavillón Campo da Serra as cosplayers Florencia SoFen e Danny Warchief, que xunto con varios Youtubers nacionais se achegarán a Narón para amenizar o Impact Weekend Narón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies