Home / Sociedad / Educación / Neda abre as portas da súa escola infantil

Neda abre as portas da súa escola infantil

Ferrol360 | Martes 1 agosto 2017 | 10:39

Posta de longo en Neda este luns para inaugurar a primeira escola infantil do municipio, que leva por nome ‘Os Pelegríns’. O acto, que finalmente non contou coa presenza do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela por problemas de axenda, estivo presidido polo alcalde de Neda, Ángel Alvariño, e contou coa participación de veciños, representantes da corporación local e políticos da comarca.

Alvariño salientou que a posta en marcha da escola infantil representa unha verdadeira oportunidade para fixar poboación nun municipio con problemas demográficos e avanzou a intención do Concello de solicitar a inclusión da escola infantil no Consorcio Galego de Servizos de Benestar e Igualdade.

Unha vez aberta a escola infantil, o vindeiro obxectivo será a creación dun centro de día para persoas maiores, anunciou o rexedor. «Estemos nós ou outros ao frente do Concello, entre todos temos que empurrar para empezar a traballar na realización desta obra a partir do ano 2019», afirmou Alvariño. Para esta actuación non hai datas fixadas, pero si se barallan as inmediacións do centro cívico como posible emprazamento.

A escola infantil estarán a pleno rendimento a partir do día 4 de setembro e a día hoxe unha ducia de familias xa teñen formalizada a matrícula para o vindeiro curso. O alcalde entende esta apertura como «un importante punto de partida» e agradeceu á anterior corporación o seu traballo no inicio deste proxecto.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*