Home / Ferrol / Neda / Neda abre o luns o prazo para participar na andaina entre Santiago de Compostela e Fisterra

Neda abre o luns o prazo para participar na andaina entre Santiago de Compostela e Fisterra

FERROL360 | Domingo 24 febreiro 2019 | 00:00

O Concello de Neda programa para os meses de marzo e abril a andaina que dará continuidade á realizada o ano pasado entre a vila e a cidade do Apóstolo. Nesta ocasión, a iniciativa levará aos participantes a descubrir en catro etapas a ruta que vai de Santiago de Compostela á localidade de Fisterra. Son case 90 quilómetros, que se cubrirán en saídas de 22 quilómetros de media.

A primeira ruta será o 17 de marzo e a última o 7 de abril. Negreira, Santa Mariña, a ermida Nosa Señora das Neves e Fisterra son as referencias dunha convocatoria que terá como punto de partida o albergue do peregrino, ás 7.30 horas.

As persoas interesadas xa poden inscribirse, a partir do luns 25, nas oficinas do Concello, que abren en horario de mañá de 9.00 a 14.00 horas. No momento de facer a reserva é necesario presentar xustificante do pago a nome da persoa inscrita, así como a ficha cuberta que se entregará nas oficinas municipais.

A participación implica o pago dunha cota que será de 40 euros para a veciñanza, de 50 para xente de
fóra de Neda e de 30 para os menores de idade. Estes últimos deberán ir sempre acompañados dun
adulto.

O prezo inclúe desprazamento en autobús, monitores e seguro. As prazas son limitadas e o prazo
de inscrición finaliza o venres día 8 de marzo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies