Home / Cultura / Neda abre o prazo de inscrición para participar no Festival de Entroido

Neda abre o prazo de inscrición para participar no Festival de Entroido

FERROL360 | Mércores 10 xaneiro 2018 | 10:56

Deixamos atrás a troula do Nadal e xa estamos pensando no Entroido, que está á volta da esquina. O Concello de Neda vén de abrir o prazo de inscrición para as comparsas que desexen participar no Festival de Entroido, que encherán de xente e de vida as rúas e prazas públicas da vila e parroquias. De feito, desde onte está aberterá lugar o día 9 de febreiro no pavillón municipal.

As agrupacións interesadas en tomar parte na festa poden anotarse ata o día 31 de xaneiro no Rexistro xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.30 horas. A principal novidade desta edición será o programa de animación polas rúas previo á celebración do Festival, que dará comezo ás 20.30 horas.

As actuacións correrán a cargo das agrupacións, aínda que se trata dun acto voluntario. Iso si, será valorado pola organización e dotado 100 euros máis, ademais dos 250 euros que percibirán cada unha das comparsas e os 150 consignados para os grupos. A animación será de 18.00 a 20.00 horas no lugar ou barrio que determine a organización e que será por sorteo.

Inscricións

O número máximo de comparsas participantes será de oito e grupos tres, rexirase en ambos casos por orde de presentación de solicitudes no Rexistro. Enténdese por comparsa, o conxunto de persoas debidamente disfrazadas, en número non inferior a 15. Terán que ter unha unidade temática, tanto na súa vestimenta como na súa actuación. As letras das cancións terán que ser obrigatoriamente en galego e un dos temas a interpretar versará sobre Neda ou persoeiros da vila.

O grupo é un conxunto de persoas debidamente disfrazadas, en número non inferior a 10, que seguirá unha unidade temática na súa vestimenta e fará un pase de presentación no escenario instalado ó efecto, antes da actuación das comparsas.

No momento de formalizar a inscrición farán constar o nome da comparsa ou grupo, número de persoas que o compoñen, a referencia da conta bancaria e nome, DNI, enderezo e teléfono do seu representante. Así mesmo unicamente as comparsas depositarán unha copia das cancións que interpretarán.

O Concello de Neda establece ata un máximo de tres galardóns que se concederán a aquelas comparsas participantes no festival que, conforme ao baremo que se fixará nas bases, obteñan a maior puntuación entre as participantes.

As comparsas e grupos inscritos, realizarán a concentración ás 20.30 horas do día 9 de febreiro, na Avenida de Castelao (antiga Ctra. da Estación) para, a continuación, emprender o desfile cara ao pavillón, e finalmente levarán a cabo a actuación pola que se outorgarán os galardóns. A actuación consistirá nun pase único, interpretando un máximo de dúas cancións e cunha duración máxima de oito minutos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies