Home / Sociedad / Educación / Neda abre o prazo para solicitar axudas para libros e material escolar

Neda abre o prazo para solicitar axudas para libros e material escolar

Casa consistorial de Neda (foto: Concello).

Casa consistorial de Neda (foto: Concello).

FERROL360 | Martes 20 agosto 2013 | 16:55

Xa estamos na conta atrás para o incio do curso escolar e os pais comezan a facer números para facer fronte o desembolso que supón mercar libros de texto, material escolar e transporte universitario. Para botar unha man ás familias, o concello de Neda abre o prazo para solicitar axudas neste senso.

As persoas interesadas en participar na convocatoria deben formalizar a súa petición nas oficinas municipais, en horario de 9.00 a 14.00 de luns a venres. O prazo rematará o vindeiro 3 de setembro.

O Concello destinará 6.000 euros ás dúas liñas de axudas, pero para optar ás mesmas hai que estar empadroado no municipio. Así mesmo, o importe das achegas virá determinado polos recursos económicos dos demandantes.

Dende o Concello informan que para calquer dúbida, en torno ás convocatorias, as persoas interesadas teñen á súa disposición os números de teléfono 981 38 02 22 e 981 38 00 39.

Sobre Ferrol360

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies