Home / Sociedad / Educación / Neda adxudica as obras de construción da primeira Escola Infantil da vila

Neda adxudica as obras de construción da primeira Escola Infantil da vila

FERROL360 | Sábado 18 abril 2015 | 19:37

O Concello de Neda adxudicou as obras de acondicionamento da que será a primeira Escola Municipal Infantil da vila. Construcciones Anllar será a encargada de levar a cabo o proxecto que contempla a creación de tres aulas, cociña, ascensor e tres aseos adaptados n unha superficie de 264 metros cadrados.

Os traballos de acondicionamento da antiga Escola unitaria do Empedrón están orzamentados en 182.000 euros e, en función dos trámites administrativos, a actuación comezará no mes de maio. Un total de 31 empresas participaron no proceso de licitación.

O Concello tamén se sacará a licitación a xestión da Escola. A intención do goberno local é que a actividade se inice tan pronto vaian concluíndo os procesos administrativos, e non ter que esperar ao mes de setembro.

Os nenos de Neda terán preferencia absoluta e a día de hoxe estímase unha demanda de entre 10 e 12 nenos. As prazas previstas serán 41. No seu momento estableceránse axudas e descontos en función da situación económica das familias solicitantes.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies