Home / Actualidad / Neda aproba o remanente de tesourería e a licitación dos servizos de axuda e limpeza de edificios

Neda aproba o remanente de tesourería e a licitación dos servizos de axuda e limpeza de edificios

FERROL360 | Mércores 1 agosto 2018 | 9:02

A corporación municipal de Neda aprobou no pleno desta semana un remanente de tesourería por importe de 250.000 euros e a licitación dos concursos públicos de contratación do Servizo de Axuda a Domicilio e o correspondente ao Servizo de Limpeza de Edificios Públicos, cuxas cuantías son de 837.705, 60 euros e 210.000 euros, respectivamente.

O equipo de goberno destaca o importe superior dun millón de euros que se derivará desta acción de goberno, da mesma maneira que tamén valora os cambios introducidos nas bases para mellorar a prestación dos servizos.

Unha destas consecuencias será a ampliación do Servizo de Axuda a Domicilio durante as fins de semana, xa que «se trata de primar o benestar dos usuarios e o descanso dos seus familiares», salientan desde o equipo de Ángel Alvariño.

En canto á operacion de tesourería, o Concello destinará un total de 180.000 euros a obras de aglomerado na parroquia de Santa María; 40.000 euros á instalación de pavimento de corcho nos parques infantís de Santa María, Principito e Xuvia e 30.000 euros ás obras de canalización e posta en funcionamento do novo abastecemento de auga de Rabadeña.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies