Home / Cultura / Neda celebra o Día das Letras Galegas con música, poesía e un documental

Neda celebra o Día das Letras Galegas con música, poesía e un documental

O escritor, Antón Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas de 2019 (foto: Wikimedia)

O escritor, Antón Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas de 2019 (foto: Wikimedia)

FERROL360 | Martes 14 mayo 2019 | 17:30

«Un verso, un cantar», é un espectáculo ambientado a principios do século XX en homenaxe á emigración galega e a proposta do Concello de Neda para conmmemorar o Día das Letras Galegas este venres día 17 ás 19:00 horas cun acto musical e poético na Casa da Cultura.

A obra nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa, que fai unha fusión poética e musical de poemas de artistas tan recoñecidos como Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, entre outros.

O equipo artístico está formado por Bruxo Queiman e Andrea Pousa namentres que o acompañamento musical corre a cargo dun trío formado por contrabaixo, teclados e percusión.

Ademais deste evento musical a programación da festa das Letras en Neda continuará o día 29 de maio ás 20:30 horas coa proxección do documental sobre Antón Fraguas, o protagonista do Día das Letras Galegas 2019 e que tamén terá lugar na Casa das Palmeiras.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*