Home / Cultura / Neda celebra unha nova edición da súa Festa do Pan pasada por auga

Neda celebra unha nova edición da súa Festa do Pan pasada por auga

FERROL360 | Domingo 7 setembro 2014 | 14:35

O tempo non acompaña á XXVI edición da Festa do Pan de Neda. A pesares da choiva, son moitos os veciños e visitantes que sacaron o paraugas e decidiron que nada lles vai frear para desfrutar dunha das mellores festas grastronómicas da zona.

A curiosidade tamén xoga a favor neste caso, e é que moitos se achegaron ao paseo marítimo da localidade para ver de primeira man o xuramente e imposición de distincións dos cofrades que compoñen a Orde do Bolo Cachado de Neda. Os primeiros afortunados en formar parte deste selecto clube son:

Andrés Pena, da rondalla Lucero del Alba; Fina Costa, da Asociación de Amas de Casa; Jacob Sanjurjo , de Bodegas Reboreda Mogardio; o fillo predilecto da localidade e autor do xuramento da Orde, Vicente Araguas; o alcalde de Algeciras, José Ignacio Landaluce; o Almirante do Arsenal de Ferrol, Manuel Garat; o ex alcalde de Neda, Carlos Pita; a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia e Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña.

O programa continúa pola tarde, a partires das 18:00 horas coa formación Parranda A Nosa realizará unha animación musical. Durante a tarde tamén haberá unha visita de Monsterchef, un monstro namorado da cociña que se fotografará e xogará con todos os pequenos que queiran. E ás 21:00 horas pechará a festa a verbena con Gallaecia Big Band.

Vicente Araguas foi nomeado Cabaleiro da Orde do Bolo Cachado de Neda (foto: Concello de Neda)

Vicente Araguas foi nomeado Cabaleiro da Orde do Bolo Cachado de Neda (foto: Concello de Neda)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies