Home / Cultura / Neda convoca o certame ‘Debuxa e pinta o teu personaxe literario favorito’

Neda convoca o certame ‘Debuxa e pinta o teu personaxe literario favorito’

FERROL360 | Luns 1 abril 2019 | 9:37

Con motivo do Día Internacional do Libro Intantil, o Concello de Neda convoca a primeira edición do certame Debuxa e pinta o teu personaxe literario favorito. Un concurso dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos, ambos inclusive, e ten como obxectivo fomentar a lectura entre os menores e mesmo entre a comunidade educativa.

A iniciativa, para a que o Concello conta coa colaboración da Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), virará ao redor da creación do seu personaxe literario favorito, xa sexa animal, persoa ou heroes, que terá que ir acompañada dun pequeno texto, non superior ás 50 palabras, no que se explique o porqué da súa elección.

Cada peque poderá presentar un único debuxo realizado en cartolina, tamaño Din A-4, para cuxa elaboración poderá empregar calquera tipo de procedemento e material, como acuarela, óleo, rotuladores, lapis ou cera.

Os traballos deberán entregarse nun sobre DIN A-4, que conterá o debuxo cun pseudónimo e idade do participante no reservo e o documento de información de protección de datos que se entrega coas bases, así como outro de menor tamaño que o anterior no que deberá figurar os datos persoais do participantes. Entre eles, o nome, os apelidos, a idade, o curso escolar e o número de teléfono de algún dos seus pais.

A data límite para a presentación dos orixinais é o día 8 de abril e a biblioteca municipal o lugar de entrega. A organización establece tres premios, que consistirán en vales, por importe de 60 euros, que se poderán canxear na librería sinalada polo Concello. O nome dos gañadores daranse a coñecer a través da páxina web do Concello de Neda e no Facebook da biblioteca municipal.

O Día Internacional do Libro Infantil conmemórase o 2 de abril.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies